Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Rutas de sendeirismo

Ruta do río Agro

Inicio e fin: A Terrachán.

Lonxitude: 14km.

Dificultade: media.

Tempo estimado: 3 horas e 30min aprox.

Roteiro circular de interese paisaxístico e natural que cruza o río Agro a través de antigas pontes e vellos camiños empedrados.

 

Iníciase no barrio da Quintán, na vila da Terrachán, desde onde tomaremos o carreiro indicado para baixar ata a ponte de Covas. Bordeando o río sóbese ata Ferreiros. Seguindo as indicacións chégase A Pereira onde o roteiro continúa por un antigo camiño de pedra que comunica CON Bouzadrago. É necesario atravesar este último para baixar de novo ao río e cruzalo pola fermosa ponte inacabada de pedra ata chegar de novo a Ferreiros e continuar ata A Terrachán polo mesmo camiño de inicio.

Ruta das fervenzas do Val do río Pacín

Inicio e fin: Na área fluvial As Perdices.

Lonxitude: 16,5km.

Dificultade: media-alta

Tempo estimado: 4 horas aprox.

Roteiro circular de interese paisaxístico e natural cuxo atractivo é a variedade de paisaxes, desde as fervenzas e pozas naturais do río Pacín, ata os miradoiros dos cerros como a Pía da Moura e a capela de San Benito no altiplano.

 

Roteiro sinalizado con inicio na área fluvial das Perdices e cun desnivel acumulado de máis de 650 metros. Seguindo as indicacións chégase á fervenza dos Cirolos, onde o visitante pode gozar dun baño salvaxe nas súas pozas naturais. Desde este punto ascéndese ata o Castro dos Castelos e A Pía da Moura e, seguindo a pista de terra,  chégase á Capela de San Benito. A seguinte parada é no Pozo da Onda; este tramo pode estar asolagado algunhas épocas do ano. O roteiro continúa ata Queguas, Venceáns e Vilar. Neste último descende por unha espectacular carballeira  ata o cruzamento que se debe tomar para chegar á fervenza de Pozo Caído. A contorna acondicionouse cun miradoiro que permite ao visitante gozar da beleza da paisaxe e do final de roteiro. A 2 km deste pozo está a área fluvial das Perdices, onde finaliza o roteiro.

Ruta arqueolóxico-natural Os Castelos-Pia da Moura

Inicio e fin: En la carretera que comunica Olín con el Área recreativa de As Perdices.

Lonxitude: 2,9km.

Dificultade: media-baja.

Tempo estimado: 40 min aprox.

Roteiro lineal de interese arquelóxico e paisaxístico, apta para todas as idades e de fácil acceso. Iníciase nunha pista de terra, sinalizada por paneis informativos, na estrada que comunica Olín coa área recreativa das Perdices. Seguindo esta pista e as indicacións, a primeira parada é o castro dos Castelos, desde onde se ascende ata o alto de Pía da Moura, seguindo a pista de terra e un carreiro para chegar á cima. Desde aquí iniciaremos o camiño de volta para finalizar o roteiro no punto de partida.

Ruta de Pozo Caído

Inicio e fin: Na Área recreativa As Perdices.

Lonxitude: 2,2 km ida e volta.

Dificultade: baixa.

Tempo estimado: 30 min aprox.

Roteiro lineal de interese paisaxístico, apta para todas as idades e de fácil acceso. Iníciase na área recreativa das Perdices tomando a pista de terra, sinalizada por paneis, enfronte do aparcamento para coches. O roteiro discorre pola marxe esquerda do río Pacín ata chegar á espectacular fervenza de Pozo Caído. A zona foi acondicionada para que o visitante goce comodamente desta paraxe.

Ruta Queguas - Pena de Anamán

Inicio: Queguas.

Fin: Pena de Anamán.

Lonxitude: 10 km ida.

Dificultade: media-alta.

Tempo estimado: 2 horas e 30min aprox.

Roteiro lineal de interese paisaxístico e etnográfico. Comeza na aldea de Queguas e pasa polas “Cortes de Carballeira” (construcións actualmente restauradas, utilizadas no pasado para gardar o gando) que xunto co carballo centenario á beira da ermida forman unha bela imaxe que fará gozar ao visitante. O roteiro continúa por un carreiro que pasa polo dolmen “Casa da Moura” e finaliza no conxunto rochoso da “Pena de Anamán”.

Ruta das Pozas do Mallón

Inicio e fin: Olelas.

Lonxitude: 8,8 km ida y vuelta.

Dificultad: baixa.

Tempo estimado: 2 horas e 30 min aprox.

Roteiro lineal de interese paisaxístico e natural. Para acceder ao punto de partida, na entrada de Olelas, hai que tomar unha pista asfaltada á man esquerda para baixar ata a desembocadura do río Laboreiro, no encoro de Lindoso. Pódese baixar en coche. No final da pista está sinalizado o inicio do roteiro, que discorre a través dun carreiro que bordea a marxe dereita do río Laboreiro.

Seguindo as indicacións ascéndese ata un miradoiro acondicionado para poder gozar da beleza destas pozas “encadeadas” e que será o fin do paseo. A volta realizarase polo mesmo carreiro.

Ruta Covas - Boutureira

Inicio e fin: Filgueiras (A Terrachán).

Lonxitude: 5,7 km aprox.

Dificultade: baixa.

Tempo estimado: 1 hora e 40min aprox.

Roteiro circular, apto para todas as idades, con gran interese paisaxístico e cultural, para gozar do encanto das tres pontes de pedra e dos muíños de auga, hoxe en desuso, polos que pasa.

O inicio é na área natural de Filgueiras, situada na saída da Terrachán. Para chegar aquí haberá que seguir a estrada OU-1212 en dirección A Menxueira ata o primeiro cruzamento de acceso a Ferreiros, no que hai un pequeno aparcamento e paneis informativos que sinalizan o inicio de roteiro.

Seguindo o camiño pásase primeiro a ponte da Corga do Mengán e un pouco máis adiante a ponte de Covas, no río Agro. Continúa ata a área recreativa de Covas, na estrada OU-1209. Neste punto, seguindo pola pista de terra que leva á ponte da Boutureira e por este mesmo camiño, chégase ao barrio de Pielas no sur da Terrachán, onde finaliza o roteiro.