Piscinas fluviais de Pacín
Piscinas fluviais de Pacín
Na área recreativa do río Pacín atópanse as piscinas fluviais municipais. Ábrense no verán e
están formadas por tres piscinas de diferentes niveis de auga para o goce do público de todas
as idades. Conta, ademais, cunha zona de descanso acondicionada con céspede e con servizo
de socorrista. Na contorna, hai unha zona de paseo pola ribeira do río, mesas con bancos e
unha área canina.