Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

Os Concellos de Entrimo e de Calvos de Randín, a través do Programa de xestión compartida  Pura Santos, foron beneficiarios das axudas da convocatoria SI435A, Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea.

Os principais obxectivos do Programa Pura Santos pasaron por un reforzo da autoestima, orientación psicolóxica e laboral integral, un reforzó do empoderamento das participantes, promoción e inserción social e laboral e previr e combater a violencia de xénero.
As participantes dos 2 Concellos son mulleres en situación de vulnerabilidade, buscando unha mellora da súa situación persoal, social e laboral mediante accións deseñadas con perspectiva de xénero. Os concellos participantes queren destacar unha valoración moi positiva ante os resultados dos Programas e o seu impacto nas mulleres dos municipios.