Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

O Programa Rosalía que se celebrou nos Concellos de Entrimo, Rairíz de Veiga e Calvos de Randín o abeiro da axuda concedida según a Resolución do 20 de abril 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE + Galicia 2021-2027 para o ano 2023, tiña como principais


OBXECTIVOS.

  • Que as participantes poideran recoñecer e previr todos as formas de violencia de xénero.

  • Acompañar, orientar, apoiar, as mulleres vítimas de violencia de xénero e de violencia doméstica, os seus fillos e fillas e persoas que dependan de ela.

  • Apoiar as mulleres vulnerables a través de accións de empoderamiento e autoestima.

  • Ensinar técnicas de saúde mental para disminuir o estrés, a ansiedade, a carga mental e axudar a convivir coa enfermidade e o dolor.

  • Recoñecer e incrementar as habilidades, e as capacidades sociais persoais das mulleres para orientar positivamente os seus proxectos vitais.

  • Mellorar a situación persoal e laboral das mulleres participantes.

O PROGRAMA ROSALÍA acadou os seguintes RESULTADOS:

  • Asesorar xuridicamente as mulleres e menores que estan sendo víctima de violencia de xénero por parte da sua parella, indicando como se ten que formular unha denuncia ante a Garda Civil e os recursos necesarios para buscar unha solución habitacional cando se ten que abandonar o domicilio conxugal.
  • Creouse unha Asociación de mulleres con perspectiva de xénero. Asociación Raiñas da Picota.

  • A través dos Talleres realizados conseguiuse a sensibilización en materia de igualdade, identificando os distintos modos de violencia de xénero e as medidas para combatilos.

  • Coñecer mellor o mercado laboral da contorna e os nichos principais d emprego.

Ver documento completo