Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

¿Qué ver?

Museo Pura Santos

Museo público de carácter municipal inaugurado o 29 de marzo de 2014. Dedicado á entrimesa Pura Santos, mestra da localidade, cuxo compromiso social coa cultura e coa tradición fíxoa merecedora deste recoñecemento público.

O museo conta cunha sala de exposicións temporais que ao longo do ano acolle traballos de artistas de diferentes ámbitos culturais e varias salas de coleccións permanentes.

Horario

De xullo a setembro

De martes a sábado de: 17:00 h. a 20:00 h.

É posible visitar o museo o resto de meses do ano contactando co Concello.

Exposición permanente de cestería tradicional de Toño do Val, O Cesteiro

O espazo Porta de Entrimo do Parque Natural do Xurés acolle unha parte da colección de cestería, de Galicia e Portugal, de Toño do Val, “ O cesteiro”. Esta exposición está formada por pezas recuperadas ou restauradas e outras artesanais realizadas por Toño, falecido no ano 2020.

Toño dedicou parte da súa vida á aprendizaxe e ao ensino deste oficio. A súa historia protagoniza o documental Cesteando de Plácido Romero.

Horario

De xullo a setembro

Todos os días: de 11:00 h. a 13:00 h. y de 17:00h. a 20:00 h.

É posible visitar a exposición no resto de meses do ano contactando co Concello.