Servizos Sociais
O concello de Entrimo garante a atención das necesidades sociais das súas veciñas e dos seus veciños a través do departamento de servizos sociais que presta os seguintes programas e axudas:
- Programa de información, orientación e asesoramento sobre dereitos e recursos en materia de servizos sociais.
- Servizo de axuda a domicilio: dirixido ás persoas no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu domicilio habitual mentres sexa posible.
- Prestacións económicas e de emerxencia social.
- Servizo de educación e apoio familiar: dirixido ás familias, préstase apoio educativo e psicosocial co obxectivo de detectar e previr situacións de dificultade procurando a integración social. Préstase especial atención aos malos tratos á muller, aos malos tratos infantís e Á protección das e dos menores.
- Actuacións preventivas en situacións de risco ou de necesidade social.
- Programas para maiores: trámites do bono social eléctrico, participación nos programas ofertados polo Imserso, ingresos en centros etc.
Horario de atención ao cliente: Martes e xoves ás 8:30 h. ás 14:30 h.
Requírese cita.